xoves, 28 de maio de 2015

VISITA DAS AVOAS DE MARTINA (Semana dos avós)

Hoxe os pequechos de Tirán disfrutamos nunha nova visita, as avoas de Martina que viñeron ó cole a ensinarnos como se fai o pan de millo. Contáronnos que hai anos facían pan de millo tódolos días e ían ós muíños a moer os grans para conseguir a fariña. Ademáis, cando ían moer cantaban e hoxe a avoa Mila cantounos algunha desas cancións. Foi unha sorte poder escoitala! Algunhas nenas incluso se animaron a bailar mentres cantaba!








Así de ben saíunos o pan, estaba riquísimo!

Moitas grazas avoas e Mucha, sodes estupendas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario