domingo, 18 de decembro de 2016

ANIVERSARIOS DE 3 ANOS

O pasado venres 16 de decembro celebramos os últimos aniversarios de 3 anos e deste 2016. Para o vindeiro ano, todos os aniversarios que celebremos na nosa aula xa serán porque estas nenas e nenos cumprirán 4 aniños!

Os últimos en cumprir 3 anos, e non por iso menos importantes, foron Leo, Enzo e Denís. Éste último non nos puido acompañar na celebración porque se atopaba enfermo. De todas formas, Enzo e Denís aínda cumpren uns días antes de rematar este ano 2016.

Como noutros aniversarios, pegaron as letras do seu nome na súa coroa, decoraronna co número 3 e con gomets de cores, despois todos xuntos lles cantamos o "cumpreanos feliz" e o "happy birthday", e degustamos o postre caseiro, os zumes e os gusanitos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario