xoves, 22 de decembro de 2016

O BLOGUE DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Hoxe queremos recordar que, na columna da dereita, temos un apartado cos Blogues do noso colexio que podedes seguir a cotío.

Comentarvos tamén que, dende fai unhas semanas, temos un blogue novo, o Blogue de Audición e Linguaxe, elaborado pola nosa especialista en A.L. Andrea, e coa finalidade de ser un recurso máis para a estimulación da linguaxe dos nosos nenos/as, e de todo aquel que queira visitarlo. Todo o material exposto foi traballado previamente nas aulas por parte da especialista.

Animámosvos, dende aquí, a visitar o blogue, así como levar a cabo as actividades e ver os vídeos que nel se desenvolven. Para os nenos/as de 3 anos, visitar en concreto a etiqueta "praxias".


Ningún comentario:

Publicar un comentario