xoves, 1 de decembro de 2016

PROTAGONISTA HUGO

A semana pasada Hugo foi o noso protagonista. Contounos cousas sobre a súa familia, o seu amigo Adri, cales eran os seus contos favoritos, uns libros chulísimos que limos xuntos na clase; contounos tamén lle encantan os Dinotrux.
 A Hugo encantoulle debuxar e decorar a súa silueta cos seus compis.

 Xogamos cos seus Hot Wheels e cos seus animais de goma.
A súa mamá Ana viu ó cole a facer unhas preciosas cariñas de Papá Noel coas nosas mans, utilizando cartolina e fieltro. Van a quedar xenial nas árbores de Nadal. Moitas grazas Ana encantados de recibirte na nosa aula!





Moitas felicidades Hugo por esa medalla tan deseada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario