xoves, 15 de decembro de 2016

PROTAGONISTA VEGA

Esta semana o noso trono está ocupado por Vega, a nosa protagonista da semana. Cada día cóntanos moitas cousas. Falounos da súa familia, da súa gatiña Akira, ensinounos unha mantiña de lunares que tanto lle gustaba cando era pequena, un feixe de contos que lle encantan, os seus chupetes que usaba de bebé que nos trouxeron moi bos recordos, jiji; xogamos co seu teatriño de guiñois e coas súas marionetas... E ata nos ensinou un mini traxe de mamá Noel!

O seu papá Fer e a súa mamá María viron ó cole para facer un mural súper chulo sobre os dinosaurios e tamén fixeron "maxia" coas cores, solo trouxeron tres diferentes (as cores primaria nos explicaron) e delas crearon un montón de cores máis.

 Así de chulísimo quedou o mural! Agora decora as paredes do noso recibidor. BONITO BONITO!!!!
Moitísimas grazas papís!! O pasamos xenial pintando os dinosaurios que tanto nos gustan. Un placer a vosa visita.
Moitísimas felicidades Vega pola medalla, ben merecida a tes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario