domingo, 3 de abril de 2016

SAÍDA Ó SALÓN DO LIBRO


Como ben sabedes, este venres 1 de abril saímos novamente do centro. Esta vez, o motivo foi a visita ó "Salón do Libro Infantil e Xuvenil" en Pontevedra, e a ver unha obra de teatro (relacionada coa exposición) no auditorio do Pazo da Cultura.


A obra, titulada "As peripecias de Extravaganzza Pérez", gustounos moito. A protagonista e mais a súa nai, narraronnos unha historia chea de cancións ás que o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra puxo música.

Despois, coa axuda dos voluntarios/as do Salón, percorremos varias estancias de cada un dos viaxes que percorreu a protagonista do conto.

A lástima é que, por falta de tempo, quedaronnos moitas cousas por ver polo que, dende aquí, vos animamos a que vaiades cos vosos fillos/as a pasar unha tarde, ver a exposición e participar nunha morea de obradoiros e contacontos que están dispoñibles para os nenos/as.

Podedes visualizar a programación e todo o relacionado co "Salón do Libro" en www.salondolibro.org 

Esperamos que vos guste e que o pasedes moi ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario