luns, 7 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 1. O OIDO


Dentro do proxecto dos alimentos, estamos traballando moito os 5 sentidos que nos axudan a disfrutar dos alimentos.


Na clase de 4 anos estamos xogando con cada un dos sentidos para aprender moito mais. O venres dedicamos a mañá ao sentido do oído.  

Primeiro estivemos pensando o importante que é este sentido e o problema que sería non telo. Falamos sobre as persoas que non poden escoitar, e como fan para comunicarse.

Descubrimos que os xordos utilizan unha linguaxe de signos para comunicarse. Estivemos vendo un video para aprender moitas palabras... e foi moi interesante... practicamos moito e aprendemos un montón de palabras en lingua de signos.



Queredes seguir practicando na casa? aquí vos deixamos o vídeo que usamos na clase e que nos encantou!


Despois, tocou afinar os nosos oídos e fixemos un pequeno concurso por equipos... todos terminamos sendo super gañadores! Tiñamos que recoñecer diferentes sons: da casa, do parque, etc...

Queredes xogar? pinchade na imaxe deste blog de audición e linguaxe e iredes directos ao xogo.

http://blogdelosmaestrosdeaudicionylenguaje.blogspot.com.es/2011/04/nuevo-video-discriminacion-auditiva.html

Rematamos a mañá con moita marcha... primeiro fixemos un xogo de baile onde tamén tivemos que ter os oidos moi atentos... pasámolo fenomenal e despedimos a semana con moito ritmo!!


A despedida foi un video dunha clase de infantil do colexio Atlántida de Vigo, no que os nenos signaron unha preciosa canción que nos encantou... e tamén bailamos con eles!!


Que sentido nos tocará o próximo día?....

Ningún comentario:

Publicar un comentario