xoves, 10 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 4. O TACTO

O penúltimo dos sentidos co que xogamos os de 4 anos foi o tacto. 

Recordamos o importante que é o tacto, sobre todo cando esixen dificultades nalgún dos outros sentidos, como por exemplo a vista.
Fixemos memoria de como usando so o tacto podíamos recoñecer unha persoa, unha figura xeométrica, etc.

Primeiro tocamos algunhas cousas quentes e outras frías, unhas que rascaban e outras suaves, unha brandas e outras duras... para empezar a pensar que a pel pode sentir cousas moi diferentes según o que toquemos.

Pero aprendemos que o sentido do tacto non está nas mas, que está na pel... así que quixemos probar que tal o tacto nos nosos pes... e o primeiro que tocou foi descalzarse!!



Despois, descalzos e por equipos, percorremos un pequeno circuíto con diferentes texturas.... Cando rematamos comentamos o que sentíramos: duro, brando, frío, quente, suave, que picaba, que facía cóxegas, etc...



E por fin chegou a hora de ver esa caixa misteriosa que estaba hoxe na nosa clase: 

Todos tiñamos moitas ganas de meter a man e adiviñar o que se agochaba na caixa....

Así que cada un elexiu un burato para meter a man, e usando so o sentido do acto, tiñamos que averiguar o contido de cada parte da caixa. 


Durante a merenda a profe fíxonos cóxegas cunhas plumas, e démonos conta que cada un sinte dunha maneira diferente porque algúns non aguantaban a risa, outros quedaban relaxados, a outros picáballes....

Nos vos perdades maña o último dos sentidos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario