venres, 4 de abril de 2014

Os nosos bodegóns xunto a Paul Cézanne

Como sabes, estamos aprendendo un montón de cousas sobre os alimentos, así que, como non podía ser menos, coñecemos da man de Paul Cézanne algo máis. Sabedes o que? OS BODEGÓNS! que palabra mais rara!!!
Tras ler un pequeno conto e observar detidamente o cadro, comprendemos por qué se lles chamaba así a estas obras de arte e fomos mais alá, pois…atrevémonos a adiviñar o nome deste cadro de Cézanne “Bodegón de manzanas y naranjas” Aquí o tendes:
Tras isto, dispuxémonos a facer o noso propio bodegón. Queredes saber como?? MOIIII SINXELO!!! ABRIDE BEN OS OLLOS!
1. Coloreamos a nosa “parede” do cadro e fixemos os nosos manteis con papel hixiénico.

2. Despois decoramos os nosos froiteiros e os colocamos enriba do mantel
3. E para rematar…o mais divertido!! ESTAMPAMOS COA PROPIA FROITA!!! Que ben o pasamos!!!
Estamos feitos uns verdadeiros artistas!!! Aquí tendes mais fotos









Ningún comentario:

Publicar un comentario