mércores, 9 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 3. A VISTA

Na clase de 4 non deixamos de xogar e aprender cousas cos sentidos... que divertido!!

Esta vez tocounos o sentido da vista. Primeiro estivemos pensando que pasaría se non puidésemos ver, e o difícil que debe resultar a vida para unha persoa cega. Recordamos como os xordos utilizaban a linguaxe de signos para comunicarse, e algún preguntou como facía un neno cego para aprender as letras, así que a profe nos explicou que utilizan o braile, e nos ensinou como era, porque trouxo unhas caixas valeiras de medicamentos que teñen o nome tamén en braile e puidemos tocar como son as letras que aprenden os nenos cegos... que difícil!

Pensábamos o importante que debe ser o tacto para os cegos, e xogamos a recoñecernos uns aos outros sin utilizar o sentido da vista... que importante e que sorte poder ver! 
Foi divertido facelo como un xogo... e moitos adiviñamos que compañeiro tiñamos diante!!




Despois fixemos diferentes xogos coa vista: diferenciamos tapons diferentes no medio de un montón de tapóns iguais, memorizamos cousas que víamos durante uns segundos, xogos de memoria (facer parellas)... e así moitos xogos nos que a vista era o sentido mais importante que usábamos.  



Pero o que mais nos gustou foi probar todos os aparellos que trouxo a profe e cos que puidemos ver moitas cousas con moito detalle. Tivemos na clase moitas lupas, de diferentes aumentos, microscopios... foi moi divertido ver os bichos que cazamos durante o recreo, follas das árbores, restos de comida, etc...




Que sentido nos tocará maña???

Ningún comentario:

Publicar un comentario