martes, 16 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS: CARLOS CASARES

Nestes días, con motivo da conmemoración das Letras Galegas o 17 de maio, na aula das bolboretas estivemos traballando á redor da figura de Carlos Casares, que como ben sabedes é o autor homenaxeado este ano.

Tras coñecer algunhas curiosidades sobre el, botamos man do cartel que a nosa aula preparou para o concurso escolar convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ó que o noso centro se presentou, no cal recollemos as súas obras máis coñecidas.



Por outro lado estivemos traballando as seguintes obras: a Galiña azul e As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

-Coa primeira obra, realizamos cada un de nós a nosa propia galiña azul, na cal escribimos aquel motivo polo que nos sentimos diferentes. Podedes ver o curral que temos montado coas galiñas de todo o alumnado do centro no patio cuberto da entrada.

-Coa segunda obra traballamos a nosa creatividade, ó mesmo tempo que nos convertemos por un intre en escritores e ilustradores, posto que a actividade consistíu en inventar unha historia sobre unha froita, poñerlle título e realizar unha portada.

 Mírade que creativos somos!

 Os títulos creados foron os seguintes:

*O plátano que vivía nunha casa verde.
*A mazá máis boa do mundo.
*O neno que comía mazás.
*A pera tola.
*A pera que estaba podre.
*O limón que vivía na casa amarela.
*O dragón come moras.
*As mazás que caen do ceo.
*O plátano que facía terremotos.
*Unha pera no lixo.

Quedáchedes con ganas de mirar as nosas portadas? Velaí as tendes!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario