luns, 1 de maio de 2017

DAVID FALA SOBRE OS INSECTOS PAU

A semana pasada recibimos unha visita moi especial, David, o irmá de Lucía, visitou a nosa clase para falarnos sobre os insectos pau. Contounos un montón de cousas interesantísimas e descoñecidas para nós, e respondeu ás nosas dúbidas. Díxonos que hai máis de 3000 especies destes insectos, que se alimentan de silveiras fresquiñas e non beben auga directamente, teñen alas pero non voan senón que as usan para espantar a outros insectos... e moito máis! Todas e todos estivemos moi atentos as súas explicacións. O fixo moi moi moi moi ben! Todo un experto! Moitas grazas David! Encantadísimos coa túa charla! 
Despois das explicacións fixemos turnos para coller un dos insectos pau, quen quiso claro, que fomos a maioría, incluida a profe Marta!

 Rematamos a sesión facendo un debuxo do insecto, algúns con moitos detalles, incluidas as ás no tórax. Aproveitamos para contar ata doce, xa que é a lonxitude que adoitan ter estes bechos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario