sábado, 6 de maio de 2017

SEGUIMOS "ARTISTEANDO" CON VAN GOGH: LIRIOS

Os Pequechos de 4 anos seguimos "ARTISTEANDO" no noso obradoiro de arte semanal. Esta vez pintamos o cadro LIRIOS de VAN GOGH, utilizando esponxas en forma de flor e témpera líquida. Cada un elaborou o cadro o seu gusto: con poucos lirios, con moitos, moi marcados, máis difuminados, hacia a dereita, hacia a esquerda, cara arriba... Pero todos preciosos e con estilo propio!
OS NOSOS LIRIOS


Sen dúbida, somos grandes artistas, quen sabe se algún de nós acabará sendo tan famoso como VAN GOGH! Potencial hai moito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario