venres, 11 de maio de 2018

Máis flores no patio de infantil

Por se non pasástedes estes días polo patio de infantil, comentarvos que, ademáis de ter un bonito toldo que nos dará máis sombra os días de moita calor (aínda estamos montándoo), na parte superior do noso patio temos novas PRANTAS e FLORES, que darán colorido e beleza, e nos axudarán a aprender a respectar a nosa contorna.


Ningún comentario:

Publicar un comentario