martes, 16 de febreiro de 2016

Por qué é importante lerlle aos nosos nenos/as?

No ciclo de educación infantil do CEIP Plurilíngüe de Tirán levamos a cabo, durante todos os cursos escolares, o préstamo de libros.

Cada semana, os nenos/as levan un libro para a súa casa. A idea é que vós (as familias) lles leades (e él/ela tamén o poida ler e disfrutar). Normalmente da casa traen feito un debuxo relacionado coa temática do conto.

A finalidade principal desta actividade é espertar nos nenos/as o gusto pola lectura ademáis de servirnos de axuda para traballar a lectoescritura. Merece a pena “invertir” este tempo de lecer porque os efectos serán moi positivos!

Que dicir ten que os contos son unha das bases para o desenvolvemento intelectual, emocional e social do cativo/a, pero, ademais, esta actividade encerra unha morea de vantaxes, como son:

n  Fomentar a lectura e a paixón por ela, ata converterse finalmente nun hábito.
n  Estimular a súa linguaxe, engadindo novas palabras ao seu vocabulario, ampliando a súa capacidade de percepción e comprensión, a súa expresión oral, etc.
n  Estimular e fortalecer a súa imaxinación.
n  Axuda ós nenos/as a vencer os seus medos.
n  Exercitan a súa memoria.
n  Familiarizanse cos textos.
n  Mellora a comunicación.
n  Crea fortes lazos de afecto entre quen lee e quen escoita, compartindo ese momento. Enriquece a relación adulto-neno/a.
n  […]

Polo tanto, cremos que un dos maiores agasallos que lles podedes dar ós vosos fillos/as é o voso tempo, e podédelo compartir con eles léndolles un conto a diario. Ánimo, non vos arrepentiredes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario