luns, 24 de setembro de 2018

Comezamos o curso escolar

O pasado mércores 12 de setembro comezamos un novo curso escolar cargado de novas ideas e ilusións para desenvolver este ano académico no que o principal protagonista será O MAR (tema central do noso colexio).

Desexamos contar, unha vez máis, con toda a comunidade educativa, en especial cos nosos infantís e as súas familias, para que o noso alumnado esté motivado e queira aprender máis desta temática connosco.

Benvidas/os a este novo curso escolar 2018 / 2019 !!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario