luns, 3 de abril de 2017

O número 2

Dende hai xa uns días, na aula de 3 anos estamos a traballar co número 2, "o patito", así como o concepto de cantidade do mesmo! Tamén comezamos co cadrado, coa liña horizontal dentro da grafomotricidade,... e á volta das vacacións de Semana Santa traballaremos o noso nome (xa están moi motivados co mesmo, e coas letras que o conforman), co préstamo de libros para a súa casa e, ademáis doutros aspectos de importancia, tamén cun pequeno teatro que esperamos escenificar a mediados do mes de Maio.

Canto traballo nos espera no último trimestre do curso!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario