luns, 17 de abril de 2017

SERIES CON ROSCÓNS

Antes das vacacións de Pascua, os Pequechos de 4 anos estivemos decorando roscóns dunha forma especial, facendo series. Comezamos a facelas en gran grupo, con dúas cores, despois con tres e rematamos con catro.

Cando acabamos de facelo en grupo o fixemos un por un, manipulando os bloques lóxicos.

Finalmente o fixemos nunha ficha. Saiunos xenial!

Cando comprendemos o que facemos, o vivenciamos e manipulamos, sen dúbida, a aprendizaxe está asegurada! E sobre todo, divertímonos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario