domingo, 30 de abril de 2017

PROTAGONISTA NICO

Esta semana o trono do protagonista estivo ocupado polo noso Súper Héroe favorito Nico. Falounos dos seus papás e do seu irmá Teo que está a punto de nacer, da súa cor favorita que tanto lle recorda os seus Súper Héroes preferidos, do lugar donde vive, limos o seu conto preferido descifrando as imaxes e xogamos un montón cos xoguetes que trouxo na maleta, incluido co malvado de Batman que era moi feo e aterrador!!

 A súa mamá, Maika, viu ó cole para facer capas de Súper Héroes, cada un recortamos a nosa capa, cun pouquiño de axuda, e a personalizamos. Eleximos un antiface que ela mesma confeccionou e todos nos convertemos en Súper Héroes!!!

Moitas grazas Maika!! Pasámolo xenial eloborando as capas pero sobre todo disfrutamos a tope converténdonos en Súper Héroes!!!!
 Moitísimas felicidades Nico, eres un campión! Ben merecida tes esa medalla!

Ningún comentario:

Publicar un comentario