luns, 10 de abril de 2017

PROTAGONISTA RAMI

A semana pasada, Rami foi o noso protagonista. Falounos da súa familia, dos seus xoguetes favoritos: os Hot Whels, os camións e os coches de policía; da súa comida preferida, os macarróns con kechup... Contounos que non ten can nin gato e ensinounos un álbum moi bonito de cando era bebé. Encantounos xogar co seu helicóptero recollendo coches.
A súa mamá Paula e o seu papá Ramiro viron ó cole para facer uns barquiños moi bonitos, feitos con: corchos, gomas, goma eva de cores e palillos longos. Antes de facelos probamos se flotaba. Comprobamos que navegaba perfectamente! 
Así de chulos quedaron os nosos barquiños, preparados para navegar!
Moitas grazas Paula e Ramiro, encantounos a actividade. Crear para despois xogar! A combinación perfecta.
Moitas felicidades Rami por gañar esa medalla tan deseada, es un campión!


Ningún comentario:

Publicar un comentario