venres, 14 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O pasado 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde. Os Pequechos de Tirán o celebramos esa semana coa visita dos nosos papás e mamás enfermeiros. Explicáronnos que fan nos seus traballos e que era iso de ter saúde. A definición da OMS é un pouco complicada de entender pero coas diapositivas que nos puxeron entendímolo moi ben. Ter saúde é poder disfrutar, xogar, correr, cantar, bailar... Tamén nos explicaron que facer ante as emerxencias e sobre todo, que facer para evitalas.




Ademáis fixemos varios talleres nos que manipulamos diferente material sanitario. Mirade que ben o pasamos e cantas cousas aprendemos! 

-Con Fani e Antonio empregamos  xiringas e un otoscopio para os oídos.






-Con Diana vimos e escoitamos o ritmo do noso corazón nun monitor.


-Con Susi aprendemos a facer unha vendaxe.


-E con Paula manipulamos un fonendoscopio e escoitamos o latido do corazón dos nosos compañeiros e compañeiras.


Moitas grazas por esta visita tan especial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario