domingo, 2 de abril de 2017

PROTAGONISTA TIAGO

Esta semana o trono estivo ocupado por Tiago. Falounos da súa familia: papá, mamá, tía e avó Lolo, sobre todo. Contounos que o seu conto favorito é Cocorico, que lle encanta comer ovos con arroz e a súa cor favorita é o vermello, como moitos traxes dos súper heroes que tanto lle gustan, ademáis dos coches. Descubrimos que cando era bebé foi modelo, aínda que non se acorda moi ben porque era ben pequeno. Manexa moi ben o seu Spiderman voador. Encantounos xogar cos seus xoguetes.
O seu papá Santi, a súa tía Inés e o seu avó Lolo viron ó cole para ensinarnos como sacar auga dunha garrafa utilizando un tubo e unha billa. Quedamos asombrados! E que ben sabía a auga, repetimos moitas veces!
 Despois fixemos gusanos usando hueveiras e pinturas  moi molonas con témpera flourescente e con purpurina.

Moitas grazas papá, tía e avó, disfrutamos moito da visita!
 Moitas felicidades campión por gañar esa medalla tan deseada! Ben merecida a tes!


Ningún comentario:

Publicar un comentario