xoves, 9 de marzo de 2017

PROTAGONISTA LUCÍA

Esta semana o trono estivo ocupado por Lucía. Falounos moitísimo dos seus irmáns: Mara e David, dos seus papás pero sobre todo falounos de súa cadela Perla, que naceu cando ela, e o seu gato Cíes. Ensinounos os seus contos favoritos e as súas bonecas. A súa preferida é Arco Iris, unha boneca negriña. Ensinounos vídeos de cando era pequena, incluido un da súa chegada a casa ó sair do hospital. Que momento tan bonito cando Mara e David a coñeceron! 

 A súa mamá Tania e o seu papá Juan visitáronnos o mércores. Juan contounos o conto dos tres porquiños e trouxo uns debuxiños moi bonitos que Mara fixo sobre a historia dos porquiños. Con Tania fixemos uns calendarios chulísimos, recortando as nosas caras.



 Así de bonitos quedaron! Este é o de Lucía pero cada un ten o seu calendario personalizado!

Moitas grazas papis! O pasamos xenial escoitando o conto e facendo o noso propio calendario! Un placer a visita.

Moitas felicidades Lucía, xa tes a túa medalla de protagonista, ben merecida!

Ningún comentario:

Publicar un comentario