martes, 28 de marzo de 2017

"ARTISTEANDO" CON KANDINSKY

Os Pequechos de 4 anos seguimos "ARTISTEANDO", nesta ocasión con KANDINSKY. Fascinounos coñecer a súa vida. Foi un neno que vivíu coa súa tía porque os seus papás separáronse e foron vivir lonxe da súa cidade. A súa tía encantáballe o arte e súa nai a música. Un día decidiu que quería ser pintor e pintar con cores moi llamativas. Cando fixo a súa primeira exposición no colexio os seus compeñeiros e compañeiras ríronse das súas obras pero el, aínda que o principio apenouse moito, decidiu seguir pintando ata facerse moi famoso. Falamos dos sentimos de Kandisky, do comportamento dos seus compañeiros e como loitou por conseguir os seus soños. Quedámonos con esta frase: EU PODO FACELO! VOUNO CONSEGUIR!
Este o vídeo que relata a súa vida e tanto nos gustou.

Despois de falar da vida de Kandinsky comezamos a "ARTISTEAR", fixemos unha das súas obras utilizando diferentes técnicas: con témperas e pincel e outra tipo collage, empregando círculos de papel de diferentes tamaños e cores.




AS NOSAS OBRAS DE ARTE





Ningún comentario:

Publicar un comentario