martes, 7 de marzo de 2017

ELECCIÓNS Ó PRÓXIMO PROXECTO

Hoxe na aula de 4 anos houbo eleccións para decidir o tema do noso próximo proxecto. A iniciativa de facer estas eleccións xurdiu porque non nos poñiamos de acordo sobre a temática do noso próximo proxecto. As tres principais propostas foron: prehistoria, os bechos e a Terra, e casualmente todas xurdiron a partir do anterior proxecto. Así que preparamos as papeletas e a votar!!! Entendimos moi ben a dinámica e o fixemos xenial, esperando a nosa quenda e cubrindo a papeleta para que non foxe nula. Ademáis, o que o principio pesabamos que era unha caixa baleira para gardar algún tipo de becho, descubrimos que se trataba dunha urna e cal era a súa función.
Os proxectos nacen das inquietudes e das curiosidades que teñen os nenos e nenas por descubrir o mundo que os rodea, as veces son realidades próximas a eles e outras non. Pero o importante é traballar a partir dunha temática motivadora para eles.

Aitana, por ser a encargada do día, anotou os votos e Lucía, a nosa protagonista da semana, colleu unha a unha as papeletas.



E AQUÍ ESTAMOS VOTANDO!





Despois de votar cada un de nós fixo unha gráfica sobre os resultados da votación, e moi ben por certo!

Ai! queredes saber cal será o tema do noso próximo proxecto?

1 comentario: