domingo, 19 de marzo de 2017

PROTAGONISTA XAVI

A semana pasada Xavi foi o noso protagonista da semana. Falounos da súa familia e da súa cadela Perla, decatámonos que se chama igual ca cadela de Lucía. Falounos dos seus xoguetes favoritos, da súa comida, xoguetes... Limos o seu conto favorito COCORICO, aínda que xa o coñeciamos moi ben do ano pasado, gustounos volver a recordalo.
Tamén nos deleitou cunha peza musical utilizando o seu xilófono. Xavi tocou concentradísimo e todos e todas o escoitamos moi atentos.

 A súa mamá Ángeles viu ó cole a lernos un conto sobre un neno que quería ser mago, a facer uns gorros de mago e tamén para facer maxia!!! Si si, fixo maxia!  Coa a axuda de Xavi e a súa bariña. Quedamos abraiados!
Así de bonitos quedaron os nosos gorros de mago! Moitas grazas Ángeles, encantados polo visita.

 Moitísimas felidades campión por gañar esa merecida medalla!

Ningún comentario:

Publicar un comentario