martes, 21 de novembro de 2017

Froitos do Outono

A semana pasada, na aula de 4 anos, coñecemos con máis detalle os froitos do Outono, clasificándoos en froitos SECOS e froitos CARNOSOS.
Non só os diferenciamos e os clasificamos, senón que tamén falamos das súas características e incluso, na hora da merenda, probámolas e comímolas ó longo de toda esta semana!
En xeral gustaron moito na aula todos estes froitos!!

Probamos, dos froitos SECOS: castañas, noces, avelás, améndoas e pistachos.
Dos froitos CARNOSOS vimos e probamos: uvas, kiwis, caquis, granadas e mandarinas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario