luns, 13 de novembro de 2017

A Tristeza

Por se non o sabedes aínda, nas tres aulas de Educación Infantil, estamos a traballar co noso alumnado as EMOCIÓNS e a expresión dos nosos SENTIMENTOS! Comezamos co famoso libro "O monstruo de cores" pero iremos máis aló traballando outras emocións/sentimentos que neste libro non aparecen!

É necesario facer consciente a EMOCIÓN, nombrándoa, sen negala nin xulgala, recoñecéndoa como parte de nós mesmos, diferenciándoa respecto doutras emocións que ás veces nos poden confundir. Así, manifestamos a súa existencia, a lexitimamos, sen tratar de ocultala. E deste xeito poderemos diseñar estratexias para afrontalas.
Outro día seguimos coa parte teórica!

O caso é que, a semana pasada, os nenos/as da aula de 4 anos, enchemos os botes das emocións que vimos ata o momento, sorprendéndome (para ben) o feito de que o bote da tristeza rebosou. Non é malo estar triste, e consideramos que contar os motivos polos que estamos tristes nos axudarán a superar ese momento!

E... sabedes por que se encheu este bote? Porque un neno dixo que botaba de menos a VALENTINA, e non só na aula, explicando que tamén xogaba con ela fóra do colexio, e que ó non estar e non poder xogar con ela... acordábase dela e iso o poñía triste! (teño que recoñecer que as súas palabras sinceiras me emocionaron a min tamén). E as nenas/os que falaron a continuación seguiron a encher este bote azul, apoiando as palabras que inicialmente dixo este gran alumno.


Ningún comentario:

Publicar un comentario