martes, 21 de novembro de 2017

Máis utensilios da Prehistoria

Onte foi o turno de RUI que nos presentou na aula de 4 anos distintos utensilios feitos con barro (pratos, culleres, cuncas,...) na época prehistórica.

Acompañou a súa exposición cunha maqueta de lume alimentada con paos. Non só nos contou cómo se facía lume (chiscando pedras ou ben frotando paos que coa calor prendían), senón que tamén nos detallou os distintos usos que se lle daba ó lume (iluminar as cavernas, para cociñar, para quentarse cando tiñan frío, e para defenderse dos animais posto que éstes temían ó lume).

Grazas RUI por tan maravillosa e detallada explicación!



Ningún comentario:

Publicar un comentario