domingo, 30 de novembro de 2014

ABANICOS CHINOS

Esta semana na clase de 5 anos fixemos abanicos chinos. Sabemos que tamén se lle chama pai pai. Sabemos tamén que en China a tradición do abanico é milenaria (que comezou fai moito moito motiiiisimo tempo). Según conta unha lenda foi a filla dun emperador (parecido o rei no noso país) quen durante un baile de máscaras como tiña moita calor axitou o seu antiface moi cerca da cara para darse aire, realizando esta operación con moita rapidez para non amosar o seu rostro, xesto que foi imitado por moitas mulleres que asistían ó evento.

DURANTE A CREACIÓN DOS ABANICOS...

E ASÍ DE BONITOS QUEDARON OS NOSOS ABANICOS CHINOS!!!


Ademais fixemos outro tipo de pai pais utilizando tinta china e pluma... o pasamos pipa!!!!!! Foi moi divertido!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario