venres, 5 de decembro de 2014

VISITA PAIS DE YAIZA

Hoxe, na clase de 5 anos, recibimos unha visita moi especial, a nai e o pai de Yaiza viñeron a contarnos un montón de cousas sobre China. Xa sabemos que significan os dragóns chinos e as tartarugas cando as colocan nas entradas dos palacios, como é a Cidade Prohibida... e un montón de cousas máis!!!


Despois de falar de China (e de facerlle moitas preguntas), no comedor do cole fixemos rollitos de primavera, xa coñecíamos os ingredientes que se precisan para preparalos pero non sabíamos como. Os pais de Yaiza explicáronnolo paso a paso. QUE RICOS!!!!  






E por último o pai de Yaiza ensinounos artes marciales chinas: TAI CHI, KUNG FU e WU QUIN XI. Encantounos practicalas!! pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foi a súa demostración de TAI CHI co abanico!





MOITAS GRAZAS PAPÁS DE YAIZA! 
PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!!

2 comentarios:

  1. Soy Pilar, la abuela canaria deYaiza y madre de Antonio, acabo de ver el trabajo de China y me ha encantado la forma tan amena y divertida de trabajar los proyectos que tienen en ese colegio, y la manera de integrar a los padres en el trabajo de sus hijos o hijas. Felicidades y adelante. Pilar

    ResponderEliminar