domingo, 21 de decembro de 2014

SAÍDA AO POZO DOS DESEXOS

O pasado mércores os PEQUECHOS DE TIRÁN fixemos unha saída para descubrir un lugar máxico... O POZO DOS TRES DESEXOS. Dentro do pozo vive un duende que concede desexos! 

Antes da visita á libraría máxica pasamos pola oficina de correos para deixar as postais, agora xa sabemos que para que as cartas cheguen ó seu destino teñen que levar unha dirección (e un remitente por se se perden) e un selo. 



Despois de mandar a nosa carta fixemos unha paradiña para merendar... 




Cando rematamos a merenda e de xogar as carreiras dirixímos a libraría, o primeiro que fixemos ao chegar foi.... Rodear o pozo!


Aquí estamos no momento do contacontos... Encantounos o libro: OLIVIA RECIBE LA NAVIDAD



E aquí estamos pedindo os nosos desexos...




O final da nosa saída... FOTO DE GRUPO... PATATAAAAAAAAAAAAA!!!!!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario