luns, 15 de decembro de 2014

COCIÑANDO TURRÓN DE CHOCOLATE

Os pequechos de Tirán esta semana, previa ás vacacións de Nadal, a empezamos dunha forma especial... cun obradoiro de cociña no que elaboramos turrón de chocolate!!! 

Precisamos catro INGREDIENTES:
  • Chocolate amargo
  • Chocolate con leite
  • Arroz inflado 
  • Manteca



RECEITA PASO A PASO

1º Derretemos o chocolate mesturando ambos tipos.

2º Engadimos o arroz inflado (nós como o fixemos de forma individual botamos primeiro o arroz nos moldes).

3º Botamos a mestura nos moldes.

4º Pusemos os moldes na neveira e esperamos ata que quedaron duriños.









ESTABA BOÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍSIMO!!!!!!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario