luns, 5 de maio de 2014

ATA SEMPRE PROFE NURIA!

Os pequechos de Tirán estamos contentos porque hoxe a profe Jeni volveu ao cole despois de pasar uns meses na casa coidando ao seu bebé. 

Pero esta benvida ten unha parte triste: o venres despedimos a profe Nuria, que estaba con nos dende novembro. 
Montamos unha gran sorpresa para despedila, porque nos da moita pena que marche.

Decoramos o patio con carteis que expresasen o que sentimos:

Cando tivemos todo preparado chamamos a profe Nuria que quedou coa boca aberta cando nos veu a todos os pequechos alí fora:

E comezou a festa: unha súper merendola e moitas risas e fotos para despedir a profe Nuria:

Fixemos fotos de recordo para non olvidarnos nunca de Nuria e que a profe nunca se olvide de nos:


A profe tamén tiña unha sorpresa moi doce para todos:


E nos fixemos entre todos os pequechos un libro moi especial para que garde de recordo de todos nos... deixámola pasmada!!!

Queredes ver que ben nos quedou?

Un besazo enorme profe Nuria e grazas por todo, 
nunca te olvides dos pequechos de Tirán.

1 comentario:

  1. Moitísimas grazas profes, familias e sobre todo pequechos!!! Marchei con moita pena, porque fun moi feliz ó voso lado. Dende o primeiro ata o último día, o meu paso por Tirán foi inolvidable. Estaredes sempre no meu corazón. Besazos!!!!

    ResponderEliminar