venres, 30 de maio de 2014

lemos xunto a Picasso!

Boas familias!
Sabedes a quen estivemos coñecendo neste tempo?? Ó señor Pablo Picasso!!

Con el puidemos ver algunhas das distintas obras que fixo e atopar nelas as diferenzas máis salientables coñecendo deste xeito outra palabra mooooi rara: ABSTRACTO!
Despois detivémonos no cadro “ Dos mujeres leyendo”, co cal xogamos coma sempre a adiviñar o seu título  ¡¡Gústanos moito face-lo, RÍMONOS MOITO COS NOVOS TÍTULOS QUE DICIMOS!! Incrible  a nosa imaxinación!!!


Grazas ó cadro tamén recordamos o ben que o pasamos no festexo do día do libro onde puidemos gozar da lectura xunto con outros compañeiros. Por iso, esta vez, ademais de ser grandes observadores atopando formas xeométricas na obra e ser grandes pintores…tamén convertémonos nos auténticos protagonistas do cadro. ¿Non volo creedes? Pois…ATENTOS! ALÁ VAMOS!
Nun primeiro momento coloreamos os nosos cadros coma Picasso, intentando facelo por dentro e adiviñando cada parte do cadro.

Tras isto chegou a parte máis divertida! Picamos as caras e mailo libro do cadro.

A continuación recortamos as NOSAS CARAS E MAILA DALGÚN COMPAÑEIRO/A, e pra rematar pegamos as cariñas nos ocos correspondentes

Queredes ver o resultado??? Atentos!! 1, 2, 3...
TACHÁN!!

Que bo  e divertido é ler un conto en compañía tódolos días!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario