luns, 5 de maio de 2014

Pollock...ARTE EN MOVEMENTO!!

MOI BOAS!!!
seguemos coas nosas aventuras no mundo da arte e por suposto poñendo en práctica moitas técnicas de traballo e por suposto a nosa cabeciña a funcionar pois…. non pensedes que é so pintar…non non, mirade a continuación.

Nun primeiro momento fomos á aula da “pizarra máxica” e puidemos ver a un novo pintor chamado  JACKSON POLLOCK xunto coas súas obras.

Nese intre, comezamos a pensar como puido pintar aqueles cadros e tras iso…puxémonos mans á obra para facer os nosos propios a través dun traballo cooperativo!!



Dámosvos envexa non si? Pois aquí vos deixamos un enlace para que poidades xogar en familia coa arte e dun xeito moi divertido!Pinchade na foto de Jackson Pollock pintando que aparece a continuación  e vos levará ata alí:


Tras isto…pensabamos como poder facelo nas nosas aulas e démoslle moitas voltas á cabeza…algunhas das ideas foron: pintar con froita, tirando a pintura polo aire (algún seguro que quedou coas ganas jeje), con paos, follas… Ó final, cando chegamos de volta as nosas aulas atopámonos con distintos instrumentos de traballo: canicas, cepillos dos dentes, coadores e palliñas.. QUE RARO TODO!!! COMO PODERÍAMOS PINTAR CON ISO!
 Tras investigar…este foi o noso proceso e coma resultado… Uns cadros con “moito movemento” e con mooitas gargalladas mentres os facíamos!!

1.Pintamos con canicas



2. Pintamos con cepillos



3. Pintamos con coadores



4. Pintamos con palliñas


Esperamos que vos guste tanto coma a nós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario