xoves, 8 de maio de 2014

PRÉNDETE AO GALEGO. PREPARANDO O CORRELINGUA

Xa quedan mi poucos días para que se celebre o correlingua do Morrazo en Bueu. O alumnado e profes de moitos coles nos reunimos para facer unha gran festa da lingua galega, porque é nosa e nos fai diferentes. 

No cole estamos preparando moitas cousas e aprendendo un montón de palabras en galego. 
Cada un elexiu unha para decorar unha camiseta que levaremos o día 13 a Bueu... xa veredes que obras de arte! Mirade que concentrados....



Ademais, o día do correlingua levaremos unhas chapas nas que tamén estamos traballando... e o mais emocionante é que todos os nenos e nenas do morrazo están facendo unhas iguais e todos teremos algo igualiño ese día. Estamos traballando e xa vos ensinaremos o resultado: 



O lema das chapas gústanos moito: PRÉNDETE AO GALEGO! Primeiro quixemos entender o significado de prenderse a algo... así que estivemos pensando a que cousas nos prenderíamos e non nos gustaría separarnos... "Eu prenderíame a.... o meu can, a unha torta de chocolate, a flores rosas, a miña avoa, etc..." 
Saliron moitiiiiiisimas frases, estabamos tan motivados que a profe montou un mural para poñela todas. 


Todos os profes que pasaron por infantil fixéronos mil preguntas sobre o noso traballo... encantoulles!

E os papis tamén estaban pasmados co noso traballo e buscando as frases de cada un. 
PRENDETE AO GALEGO!... non o deixes de falar porque nos fai únicos e especiais!
E estade atentos para ver o ben que o imos pasar no correlingua en Bueu. 


Despedímonos cunha pequena presentación das nosas camisetas para que vexades as palabras que eleximos e o chulas que quedaron, ademais, se lle poñedes son, escoitaredes "Mazarico" de Pablo Diaz, unha das cancións que escoitaremos no correlingua. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario