domingo, 11 de maio de 2014

PROXECTO: O PAPEL. (3. PREPARANDO A FABRICACIÓN)

Estades seguindo a nosa investigación do papel? se queredes seguir mellor este 3º capítulo, non deixedes de ver os dous primeiro premendo nos enlaces. 



Quedámonos en que tiñamos que xuntar madeira....



Cando xuntamos bastante, tocou quitarlle a cortiza, e non foi un traballo nada facil, pero fixémolo o mellor que puidemos (aínda que algún tiña claro que se pela mais fácil unha mandarina ou un níspero que a madeira jejeje)


O problema chegou á hora de cortar a madeira en trociños pequenos. Coas mans non conseguíamos trozos moi pequenos. 



Alguns moi valentes, ata tentaron partir uns paus mais grandes... pero imposible! 




"Intentei partilo como unha tola... pero son pequena"
"Eu quería... pero non funcionaba nada porque non teño forza"
"Quería tiralo a unha ventá e romper o pau co golpe" 
"Pensaba que o conseguiría cun martillazo" 
"Cunhas tesoiras que corten pedra seguro que rompe" 
"Pensei que o destrozaría cun martelo... pero nada" 
 

Algún dixo que precisábamos unha serra, ou unha hacha, pero a profe dixo que de ningunha maneira, así que pensamos noutras ferramentas que puidésemos usar e a profe tróuxoas á clase: un martelo, unha chave inglesa, un coitelo.... 


Tiñamos un problema porque o primeiro necesario para fabricar papel era madeira troceada en cachiños pequenos... 

Por maioría decidimos non rendirnos así que buscamos en internet como facer madeira en trociños pequenos... e descubrimos o serrin!



Foi un gran descubrimento... que emocion!!!, e decidimos traelo entre todos para poder fabricar papel. 

Seguimos facendo tamén o noso caderno do papel: 



Seguro que estades desexando ver como fabricamos papel na clase co serrín e a madeira... que non o podedes crer? pois estade atentos e non perdades a seguinte entrada: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario