luns, 20 de febreiro de 2017

A EIRUGUIÑA COMELLONA

A semana pasada na hora do conto limos: A EIRUGUIÑA COMELLONA, un conto que xa coñeciamos grazas a teacher Pilar. Conta a historia dunha eiruguiña que pasa todo o conto comendo porque tiña moita fame.
O volvemos escoitar?
Despois de ler o conto fixemos con plastilina a pequena eiruguiña.
Quedaron preciosas!
Tamén fixemos a eiruga experimentando unha nova técnica con témpera e globos pequenos.
É unha fichiña sobre o conto, traballando a atención e a escritura dos números.
Canto da de si un conto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario