sábado, 4 de febreiro de 2017

Máis aportacións ó noso proxecto

Durante estes últimos días, estamos a recibir moitas aportacións dos nosos nenos/as ó noso proxecto, coa axuda das familias!
Cada día, algunha nena/o trae algo novo á aula que quere compartir connosco, tanto o que sabe e así o transmite, como o material en sí.

Seguindo unha orde cronolóxica...


UXÍO falounos dos pingüinos e mostrounos dous debuxos que fixo na casa coa súa nai.



UNAI aportou un mapa dos diferentes polos así como os distintos animais que alí habitan. Unha exposición moi interesante! 


Ó día seguinte, foi o turno de DYLAN  e de UXÍO, que trouxeron bonecos á aula para xogar todos con eles.



VERA mostrounos unha parella de esquimais e de osos polares feitos coa súa familia con material de refugallo, así como un pequeno iglú. Aproveitamos para falar tanto das persoas que habitan naquelas terras como do iglú como unha das vivendas que usan naquelas paraxes remotas.


A nosa compañeira VERA aportou tamén unha pequena maqueta pero moi útil para explicar cómo fan os esquimais para pescar sobre a superficie nevada, e algo que inicialmente nos impactou un pouco, o feito de que o xeo se esté a romper. Tratamos de ver na aula o por qué.



E polo que vimos, a máis de un lle gustou todo o material co que contribuíu VERA, pois nos momentos adicados ós recunchos e ó xogo simbólico, había nenos/as que non se separaban deste espazo, xogando cos seus bonecos.


O mércores, UNAI nos sorprendeu co seu pingüino! Coa axuda da súa familia, elaboraron un bonito boneco. Queredes saber con qué materiais o fixeron? Pois cunha berenxena e cun pouco de cenoria! Moi creativo!


Ese mesmo día, LIA trouxo á aula unha cartolina grande na que figuraban unha chea de animais que habitan dentro do círculo polar ártico e do círculo polar antártico! Foi unha gran exposición! E coñecemos novos animais! Canta fauna hai!

Ningún comentario:

Publicar un comentario