xoves, 9 de febreiro de 2017

Novos materiais aportados

A verdade é que esta semana recibimos novos materiais aportados novamente polas familias e explicados na aula polos nenos/as. Da gusto velos falar do que saben e contarnos todo o que fixeron na casa cos seus pais/nais.

Pouco a pouco iremos colgando fotos e contándovos todo o material que recibimos que é moito! Animámosvos, dende aquí, a seguir así! Grazas unha vez máis!


DIEGO trouxo tres PINGÜINOS feitos con cartolinas!


MARA ensinounos animais dos POLOS e falounos dos ESQUIMAIS e dos IGLÚS.


RUI deunos unha clase maxistral contándonos cousas que descoñeciamos, como que os PINGÜINOS en COLONIAS, que se xuntan uns ó redor dos outros para non pasar frío, e que o PINGÜINO EMPERADOR, quenta o ovo entre as súas pernas!


DENÍS aportou á aula un novo libro: "Un día na Antártida"; e falounos de todo o que lle acontecía a este PINGÜINO ó longo do conto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario