luns, 6 de febreiro de 2017

PROXECTO DINOSAURIOS

Como sabedes os Pequechos de 4 anos o trimestre pasado comezamos a investigar sobre os dinosaurios. Estamos encantados coa temática!!
Algunhas das cousiña que fixemos...

Aquí estamos medindo un diplodocus, sabemos que medían 6 metros aproximadamente pero que aínda hai dinosaurios de "cuello largo" máis altos como o apatosaurio ou o barosaurio. A partir dun semicírculo fixemos diplodocus chulísimos.

Tamén investigamos o seu esquelete, as súas partes principais. Chamounos moito a atención a súa gran columna vertebral. Pero o que máis nos sorprendeu foi que nós tamén temos columna vertebral, cráneo, mandíbula e costelas! Aínda que non tan grandes coma a dos dinos. Para comprobalo pedimos prestado ós nosos compis de primaria ó señor "Huesitos", así lle chamanos ó esquelete da figura humana.


Cada día disfrutamos "lendo" libros de dinosaurios, xogando con dinos que temos na clase, queremos ver vídeos sobre eles, saber máis e máis...







Ningún comentario:

Publicar un comentario