luns, 6 de febreiro de 2017

PROTAGONISTA MATEO

A semana pasada o trono de protagonista estivo ocupado por Mateo. Falounos da súa familia, do seu irmán pequeno Lucca, dos seus papás, de Xián o seu curmán favorito; de motos, contounos o moito que lle gusta correr, da súa cor favorita, comida...
Encantounos xogar con Radio McQueen e co Patrulla Bus. A verdade é que disfrutamos moito dos xoguetes dos compis cada semana, agora xa non os collemos sen permiso do protagonista.


A súa mamá e o seu papá viñeron ó cole para facer unha carreira. Explicáronnos que tódolos corredores levan dorsais co seu nome e un número, así que cada un escribimos o noso nome e o noso número favorito.


Todos e todas somos grandes corredores e gañamos unha medalla, os tres primeiros conseguiron unha copa moi chula. Disfrutamos moitísimo correndo. Iso é o máis importante! Divertirse!!! Moitas grazas Jorge e Silvia!!!
 Moitas felicidades Mateo, ben merecida tes a túa medalla de protagonista!




Ningún comentario:

Publicar un comentario