mércores, 15 de febreiro de 2017

"ARTISTEANDO" CON ARCIMBOLDO

A semana pasada os Pequechos de 4 anos comezamos "ARTISTEANDO", un obradoiro que realizaremos cada semana e traballaremos a diferentes pintores. ARCIMBOLDO foi o elexido para inaugurar o taller de arte, xa que o tema do cole este ano é TIRÁN SAUDABLE. Sabemos que foi un pintor que pintaba caras con froitas e verduras.
O primeiro que fixemos foi presentar as froitas e verduras coas que íamos compoñer as caras, moitas sabiamos como se chamaban pero outras moitas non. E a crear caras!!!
Cos recortes que trouxemos da casa creamos uns cadros súper chulos, igual que ARCIMBOLDO cando pintou VERTUMNO.
SOMOS GRANDES ARTISTAS VERDADE?

Ningún comentario:

Publicar un comentario