martes, 21 de febreiro de 2017

PROTAGONISTA GAEL

A semana pasada o trono estivo ocupado por Gael. Falounos da súa familia, dos seus pais, da avoa Chola e o seu tío Luis e de cando era pequeno, vimos o seu conto favorito... Divertímonos buscando os obxectos perdidos no conto, Gael os atopaba rapidísimo. Ensinounos os seus xoguetes favoritos: os HOT WHEELS. Disfrutamos moito xogando con eles, creando pistas coas nosas pezas de construción.



A súa mamá Andrea e a súa avóa Chola viron ó cole para facer unhas máscaras africanas chulísimas, cheas de colorido. Ademáis, Chola explicounos como xogan e se divirten moitos nenos e nenas africanos.

 Así de bonitas quedaron as máscaras, chulas chulas!
Moitas grazas Andrea e Chola o pasamos xenial decorando as máscaras! Encantados pola visita.
Felicidades Gael, ben merecida tes a medalla de protagonista.


Ningún comentario:

Publicar un comentario