martes, 14 de febreiro de 2017

MATEMÁTICAS ABN

Os Pequechos de 4 anos fai unhas semanas comezamos a levar a cabo actividades matemáticas ABN.
Pero que significa ABN? É un método de cálculo aberto que traballa a lóxica e o razonamento matemático partindo de situacións reais e contextualizadas, a través da manipulación de materiais de todo tipo, o que conleva o aumento da motivación e a atención dos nosos pequenos.

Aquí estamos traballando a recta numérica do 1 ó 10, utilizando tapóns. Identificamos moi ben os números e colocamos o tapón no lugar que corresponde. Xogamos tamén a dar saltos de ra hacia diante e hacia atrás, aínda nos costa un pouquiño pero en pouco tempo o faremos xenial e ampliaremos a recta.

Aquí xogando ós dados. O xogo consiste en relacionar número e cantidade. O temos dominado! Moitos de nós xa non precisamos contalos co dediño, o facemos mentalmente. Lanzamos un dado moi alto e buscamos as súas parellas.


Eles o pasan moi ben con este tipo de actividades e mentres xogan, sen ser conscientes, aprenden un montón de cousas!

Isto do ABN acaba de comezar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario