martes, 28 de febreiro de 2017

PROTAGONISTA AITANA

Aitana foi a nosa protagonista a semana pasada, nunha semana moi especial na que cebramos as 1º Mini Olimpiadas de Tirán cos nosos compis de 5 anos e o inicio do entroido cos mandatos da Curuxa. Trouxo a maleta chea cos seus bonecos favoritos: a monito, Eo bebé EMMA, Frozen... Contounos moitas cousas, sobre todo de cando era pequena. Díxonos tamén que o seu conto favorito é Blancanieves y los 7 enanitos e a súa comida preferida a pizza. A moitos de nós tamén nos encanta! Que rica!!!!

 A súa mamá Celeste e o seu papá Alberto viron ó cole para ensinarnos a Pica, una cadela que Aitana quere moito. É moi obediente ás ordes de ela! E tamén a facer unhas simpáticas e bonitas ovellas feitas con tubos de papel e algodón.


 Moitas grazas papás foi un placer para nós a visita!
Noraboa campiona por conseguir esa medalla tan chula, ben a mereces!




Ningún comentario:

Publicar un comentario