AS MESTRAS E MESTRE DE INFANTIL DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS!!!
domingo, 20 de decembro de 2015
SAÍDA Á PASTELERÍA E LUDOTECA
O pasado martes os Pequechos fomos visitar a ludoteca de Moaña e a pastelería: LA NUBE ROSA. Na ludoteca xogamos a un montón de cousas (piscina de bolas, o supermercado, casiña, futbolín, coches, xogos de mesa, disfraces...) e na pastelería amasamos para facer un boliño e puxemos o chocolate. Ah! e enviamos esas cartas tan especiais que fixemos con tanto agarimo para as nosas familias.
ASÍ DE BEN O PASAMOS OS PEQUECHOS DE 3 ANOS...
sábado, 19 de decembro de 2015
VISITA DOS BOMBEIROS
O pasado xoves os bombeiros do Morrazo viñeron ó noso cole a recoller os alimentos para os máis necesitados e fixeron unha demostración fantástica de como traballan. Ensináronnos a roupa especial que usan para apagar incendios e os aparellos que utilizan. Sabedes o que máis no gustou? A mangueira e os chorros de auga que botaba!!
Aquí estamos moi atentos ás explicacións.
Os bombeiros explican para que usan o casco, a máscara de osíxeno e a serra eléctrica.
Aquí coa mangueira. Mirade que chorro!
COCIÑANDO TURRÓN
Os Pequechos de Tirán elaboramos turrón de chocolate blanco con lacasitos. O pasamos xenial facendo o turrón pero, sobre todo, probando os ingredientes! Queredes saber como o fixemos?
NECESITAMOS:
- Cereais de chocolate ou de outro tipo.
- Mantenca para mesturar co chocolate blanco fundido.
- Chocolate blanco fundido.
- Lacasitos.
O primeiro que fixemos foi poñer os cereais nos moldes de madalena. Despois engadimos o chocolate fundido coa manteca e por último puxemos os lacasitos.
Unhas horas no frigorífico e listos para comer!!
ASÍ DE BONITOS OS LEVAMOS PARA CASA!
martes, 8 de decembro de 2015
O TREN DE MARTIÑO
Na clase dos Pequechos de 3 anos descubrimos un conto fantástico: CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS. Gustounos moito, sobre todo, a canción que Martiño cantaba: O TREN DE MARTIÑO CHU CHU CHU, VAI POLO CAMIÑO CHUCU CHUCU CHU.
Moi pronto nós tamén recibiremos a visita dos Reis Magos, igual que Martiño o estamos desexando!!
Aquí está o conto!
Despois de escoitalo coloreamos os vagóns do tren de Martiño.
luns, 7 de decembro de 2015
Motivación
Unha vez máis queda manifesto a importancia de traballar por proxectos e a motivación tan grande que teñen os nenos/as que desenvolven esta metodoloxía. Destacar tamén a importancia que dita motivación ten no proceso da lectoescritura nos nenos/as da etapa de educación infantil
A continuación vos obsequiamos coa iniciativa e a motivación dos nenos/as da aula de 5 anos, que os levou a realizar as seguintes actividades:
A continuación vos obsequiamos coa iniciativa e a motivación dos nenos/as da aula de 5 anos, que os levou a realizar as seguintes actividades:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)