Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Londres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Londres. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de abril de 2015

CABINA TELEFÓNICA

Os Pequechos de 5 anos deixamos atrás Londres pero conservamos un gran recordo da viaxe...

 Encántanos xogar na cabina!

luns, 16 de marzo de 2015

PROXECTO LONDRES

Os pequechos de 5 anos rematamos a nosa segunda viaxe, aprendemos un montón de cousas pero sobre todo pasámolo moi ben descubrindo esta gran cidade.
ATENT@S Ó VÍDEO...

Londres - Kizoa Movie Maker

PRÓXIMO DESTINO... ???

martes, 10 de marzo de 2015

VISITA DENDE LONDRES

Que sorte temos os pequechos de 5 anos! Hoxe tivemos outra visita!! 
Esta vez visitounos Diego, o primo de Amaia e Zoe. Vive en Londres e estes días está de vacacións en Moaña. 
Contounos un montón de cousas interesantes que non coñecíamos, como por exemplo que alí, nos baños, non hai enchufes, que fai moito frío durante os meses de inverno, que madrugan moito... e confirmounos cousas que xa sabiamos (a cor dos taxis, dos autobuses e das cabinas, que toman té con leite...).
Como agradecemento fixémoslle uns regaliños: un libro con debuxos e un mural.


MOITAS GRAZAS DIEGO!!!

domingo, 8 de marzo de 2015

ALMORZO INGLÉS

O pasado mércores a clase de 5 anos tomamos no cole un almorzo diferente...UN ALMORZO INGLÉS! Salchichas, queixo, ovos, tostas con mantequilla e marmelada, galletas típicas inglesas... e probamos por primeira vez o té con leite (un té especial sen teína). Gracias á Teacher Rosa sabiamos o nome de todos estes alimentos en inglés. Que bo estaba todo!




xoves, 5 de marzo de 2015

A GARDA REAL CHEGA Ó COLE

A Garda Real chegou ó cole de Tirán!!!

 






 

venres, 20 de febreiro de 2015

OS HABITANTES DA TORRE BLANCA

A semana pasada os pequechos de 5 anos coñecimos os habitantes da Torre Blanca (Torre de Londres)...Sabedes quenes son? Os corvos!  
Di a lenda que esa Torre está habitada por corvos e xunto cos Beefeaters vixían e custodian as xollas da coroa. Din que os corvos manteñen a torre en pé e que se eles desaparecen cae a Torre e con ela a Monarquía Británica. 
 

Despois de ver o vídeo e de falar sobre a lenda da Torre decidimos facer unhas viseiras moi orixinais... Mirade que chulas quedaros e que guapos e guapas saímos todos e todas nas fotos!!









luns, 26 de xaneiro de 2015

FACEMOS ACRÓSTICOS

A semana pasada os pequechos de 5 anos fixemos acrósticos coa palabra LONDRES, gustounos tanto a actividade que decidimos facer máis utilizando outras palabras.






Probade a facelos na casa, veredes que divertido!

venres, 23 de xaneiro de 2015

INICIAMOS PROXECTO

Despois de moito debatir a clase de 5 anos emprendemos a nosa viaxe, xa temos novo destino.... Sabes cal é?


SIIIIIIII LONDRES É O DESTINO ELIXIDO!