Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto China. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto China. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de xaneiro de 2015

DRAGÓN CHINO

Por fin rematamos o noso dragón chino! Quedou precioso! Moitas grazas profe Susana pola axuda.





venres, 16 de xaneiro de 2015

PROXECTO CHINA

Os pequechos de 5 anos rematamos o noso primeiro proxecto do curso. Deixamos atrás China para coñecer novos lugares do mundo.

MIRADE CANTAS COUSAS APRENDEMOS SOBRE CHINA...

venres, 5 de decembro de 2014

VISITA PAIS DE YAIZA

Hoxe, na clase de 5 anos, recibimos unha visita moi especial, a nai e o pai de Yaiza viñeron a contarnos un montón de cousas sobre China. Xa sabemos que significan os dragóns chinos e as tartarugas cando as colocan nas entradas dos palacios, como é a Cidade Prohibida... e un montón de cousas máis!!!


Despois de falar de China (e de facerlle moitas preguntas), no comedor do cole fixemos rollitos de primavera, xa coñecíamos os ingredientes que se precisan para preparalos pero non sabíamos como. Os pais de Yaiza explicáronnolo paso a paso. QUE RICOS!!!!  






E por último o pai de Yaiza ensinounos artes marciales chinas: TAI CHI, KUNG FU e WU QUIN XI. Encantounos practicalas!! pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foi a súa demostración de TAI CHI co abanico!





MOITAS GRAZAS PAPÁS DE YAIZA! 
PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!!

domingo, 30 de novembro de 2014

ABANICOS CHINOS

Esta semana na clase de 5 anos fixemos abanicos chinos. Sabemos que tamén se lle chama pai pai. Sabemos tamén que en China a tradición do abanico é milenaria (que comezou fai moito moito motiiiisimo tempo). Según conta unha lenda foi a filla dun emperador (parecido o rei no noso país) quen durante un baile de máscaras como tiña moita calor axitou o seu antiface moi cerca da cara para darse aire, realizando esta operación con moita rapidez para non amosar o seu rostro, xesto que foi imitado por moitas mulleres que asistían ó evento.

DURANTE A CREACIÓN DOS ABANICOS...

E ASÍ DE BONITOS QUEDARON OS NOSOS ABANICOS CHINOS!!!


Ademais fixemos outro tipo de pai pais utilizando tinta china e pluma... o pasamos pipa!!!!!! Foi moi divertido!!!




sábado, 22 de novembro de 2014

Viaxamos polo mundo... CHINA

Na clase de 5 anos levamos xa varias semanas de viaxe por China, a primeira parada da nosa gran viaxe.
O noso proxecto comeza a partir dunha carta que recibimos do noso amigo Elvis...


                                    



Para poder viaxar é necesario ter un pasaporte, así que foi o primeiro que fixemos.. O NOSO PASAPORTE!!



COMEZAMOS A VIAXE...